por Ana González
Dícese que a PILA é un dispositivo que acada enerxía por un proceso, renovandose os elementos constituíntes, posto que as súas características resultan alteradas durante o mesmo. Trátase dun xerador primario.
¡Vaia! Pois logo temos que pornos as pilas xa, falamos, témolo todo claro, a nosa análise pormenorizada da realidade é fenomenal, sabemos cara a onde e con quen. Pois imos!
Das capacidades das discapacidades xa nin falamos ¿para qué? iso xa está demostrado. Temos que empezar a incidir nos puntos que melloran a calidade de vida das persoas, de TODAS, así que empecemos a adaptar baños a ostomizados/as, a suprimir todas as barreiras (ata a última) ata que, de xeito calmado, entendan a nosa prisa por aparcar e entrar nun baño, a invertir en ciencia para que as nosas vidas diarias melloren, a que as festas, restaurantes, bares ou cines se sintan orgullosos de pensar en nós e na nosa comodidade e dignidade (que grande palabra).
¡A poñerse as pilas todos e todas! pero nós tamén. Teño un problema e teño a solución a ese problema, entón me uno a outros/as e empezo unha estratexia para conseguir un cambio, non agardo a que “me toque” non vaia a ser que “non me toque nunca”.
¿Quérelo? ¡pois pídeo! ¡deféndeo! ¡únete! e empeza a facer, xa estará ben de agardar ¿non?
As pilas alcalinas as reservamos para grandes necesidades que precisan de grandes estratexias. As pilas máis pequenas para cousas máis sinxelas. ¡Hey! recargables, que só estamos empezando.
Somos xeradores primarios de cambios para nós e para os/as outros/as, para os que están por chegar e para ós que non lles deu tempo. Os altofalantes poden funcionar con pilas ou con electricidade, a ver se non nos van a escoitar ben.
Umm…
¡ELECTRICIDADE! Forma de enerxía que produce efectos luminosos, mecánimos ou caloríficos, cun sennúmero de aplicacións.
¡CORRENTE ELÉCTRICA! (¡xa toleo!) Fluxo de desprazamento de partículas cargadas eléctricamente.
¡CAMPO ELÉCTRICO! que produce forza en toda a carga.
¡POTENCIAL ELÉCTRICO! Capacidade que ten un campo eléctrico para realizar traballos
e
¡MAGNETISMO! Que xera corrente eléctrica.
Non sei si me explico, sí sei que me apetece e que funciona, pero de verdade da boa, que flúa a corriente que move o cambio, e provocas ti ese cambio querido electrón.
Se a discapacidade é difícil, máis difícil é a discapacidade invisible, a que non se ve pero se sinte, a que hai de demostrar a todos/as (aínda por riba), a que agota, doe e corroe, pero xa noto a corrente do traballo de ASSEII.
Continuamos porque moitos xa estamos magnetizados/as con vós.
¡Que a Electricidade e o Magnetismo vos acompañe!