Menú Cerrar

Experiencia Persoal: Cintia Loira

«Está prohibido rendirse»

Chámome Cintia Loira e convivo  coa Enfermidade de Crohn dende que nacín.

Na actualidade teño dezasete anos, e comecei este ano os estudos de Grado de Enfermería aquí, en Pontevedra, a miña cidade natal.

Cintia

O meu pai ten Crohn; como todos sabedes é unha enfermidade que afecta ao intestino e que a cada persoa lle afecta dunha maneira, como di o dito «cada persoa é un mundo», pero persoalmente e despóis de falar e contactar con mais persoas con esta doenza, o Crohn do meu pai creo que é dos casos máis activos que coñezo. Por iso pasou moitos días, semanas e ata meses da súa vida nos hospitais e vivín en primeira persoa a profesión de enfermeira.

Ese motivo e outros moitos, como por exemplo que a miña nai ten ELA (Esclerosis Lateral Amiotrófica), que fixo decantarme por estudar dita carreira e espero que sirva de moita axuda na casa.

Cando era pequena lémbrome do meu pai como unha persoa sá, aínda que sabía que ía un par de veces a semana ao hospital a meter sangue, ferro e medicamentos; estaba moi delgadiño pero tiña moita forza, collíame nos brazos e tirábame a piscina, xogaba conmigo e gustáballe moito facer deporte.

Foi un ano antes de nacer o meu irmán, no ano 2000, cando lle diagnosticaron realmente a enfermidade, aínda que polo que me contaron xa comezou a ter os síntomas cando realizaba a “Mili”.

A medida que pasaban os anos, eu xa me daba mais conta das cousas, e decateime que non estaba tan ben como eu pensaba, unha decepcion moi grande, o meu pai sempre foi un dos meus pilares e co que mellor me entendo. As cousas foron empeorando; aínda que os coidados que necesitaba eran normais, non podíamos facer nada por axudarlle, eran mais ben dores, falta de vitaminas, anemia, necesidade de ir ao aseo cada dous por tres, etc. Ese era o principal problema, tiñamos que estar sempre pendentes dos servizos cando iamos á praia, polas autopistas, nas reunións, etc., todas eran tarefas complicadas. Calquera persoa que viva ou conviva cunha enfermidade do estilo comprende ben o nivel deste suplicio.

Victor01

O Gran Cambio das nosas vidas sucedeu fai agora un ano, e despois de moita meditación e con moito medo, entrou en quirófano e rematou a súa dependenza total dos aseos: puxéronlle unha Ileostomía (mais coñecida como Bolsa) gracias á cal na actualidade podemos ir en coche máis horas, a súa dieta é moito mais variada e, a pesar de todos os tabúes que hai e que a xente te mire de arriba a abaixo (o que causa grandes problemas psicolóxicos), pode ir á praia, facer deporte (dentro das súas limitacións), etc.

Tamén aumentaron os coidados. Ten que andar sempre cunha mochila e os seus “repostos”, tivemos que regalar ao noso can por medo a infeccións de hixiene e, o mais importante, ten moitas fístulas canalizadas mediante sedáis, o que pensamos que melloraría coa “ileo”, pero é un proceso moi lento e tamén necesitan moitos coidados, e son a principal causa de dor.

En conclusión, nada é sinxelo, pero con esforzo e axuda todo se pode conseguir. Hai que tomar decisións duras pero que serán a mellor opción, hai que vivir o día a día e está prohibido rendirse.

Bicos

Versión en Castellano

Te puede interesar: