Menú Cerrar

Comunicado de EIGA sobre o Coronavirus COVID-19

En relación coa actual situación de emerxencia sanitaria derivada da pandemia do coronavirus COVID-19, a Asociación Galega de Investigación na Enfermidade Inflamatoria Intestinal (EIGA), recomenda ós doentes de enfermidade inflamatoria intestinal (enfermidade de Crohn e colite ulcerosa) e ós profesionais sanitarios que se adican o seu coidado, os seguintes puntos:

  1. Recoméndase a tódolos doentes con enfermidade inflamatoria intestinal que sigan estritamente as recomendacións do Servicio Galego de Saúde, Ministerio de Sanidade e do Grupo Español de Trabajo en enfermedad de Crohn y Colitis Ulcerosa (GETECCU).

Neste sentido  gustaríanos incidir especialmente nos  seguintes puntos:
– Respectar as medidas de distanciamento (polo menos 1 metro e o  lavado estrito de mans durante polo menos 20 segundos.
– Evitar as aglomeracións, reunións e viaxes innecesarios.
– Non suspender nin modificar o tratamento prescrito sen consultar co seu médico ou Unidade de EII.

Enlace as recomendacións do Servicio Galego de Saúde (SERGAS)
Enlace as recomendacións de GETECCU
Enlace as recomendacións do Ministerio de Sanidade para cidadáns
Enlace as recomendacións del Ministerio de Sanidade para profesionais

  1. Debido á gran capacidade de transmisión do coronavirus COVID-19 e para diminuír o risco de exposición ó mesmo (especialmente nos doentes baixo tratamento inmunosupresor e biolóxico), recoméndase que, de forma temporal e mentres dure a actual situación de alerta sanitaria, se reduzan as consultas presenciais ás estritamente necesarias, realizando de forma non presencial (telefónica, e-consulta ou calquera outra modalidade similar) as consultas de doentes estables.
  2. Así mesmo, recoméndase ós Servizos de Farmacia Hospitalaria que, de forma temporal e mentres dure a situación de alerta sanitaria, subministren a medicación ambulatoria por períodos de tempo máis prolongados, para evitar visitas innecesarias ó hospital.
  3. Polo mesmo motivo, recoméndase que tódolos doentes con enfermidade inflamatoria intestinal en tratamento inmunosupresor realicen, na medida das súas posibilidades e as dos seus empregadores, a súa actividade laboral en forma de teletraballo. No caso de doentes que desempeñen o seu posto de traballo de cara o público recoméndase contactar con Saúde Laboral para valorar a súa recolocación nunha área menos exposta.

Xunta Directiva de EIGA
12 de marzo de 2020

Te puede interesar: